mércores, 22 de maio de 2024

Scratch

 Hoxe, o alumnado de 6ºA tivo unha sesión de Scratch coa súa profe Noelia.

O obxectivo era crear un cohete que fora movéndose polo espazo. Logo ás máis avanzadas terían que poñerlle algo de interactividade: chocar, separar meteoritos...




martes, 19 de marzo de 2024

Seguimos debuxando

 Hoxe o alumnado de 5ºB participou no noso proxecta realizando o seu debuxo con pixeles.

 


 

Pasámolo ben!


sábado, 3 de febreiro de 2024

Debuxamos en pixeles

 Co motivo do achegamento do 11 de febreiro Día Internacional da Muller e da Ciencia, o grupo de 5ºA realizou creacións artísticas pixeladas con Pixahama. Esta aplicación é moi intuitiva e podemos realizar debuxos en pixeles que nos recordan a certos xogos.

Realizamos a actividade na aula propia coa nosa aula de inforrmática portátil.




Repetimos?

domingo, 21 de xaneiro de 2024

CODE

 O venres 19 de xaneiro o grupo de 6ºB tivo o seu primeiro contacto coa linguaxe computacional traballando co CODE.



Se queredes practicar premede aquí: CODE


venres, 12 de xaneiro de 2024

CODE

 O venres 12 de xaneiro o grupo de 6ºA tivo o seu primeiro contacto coa linguaxe computacional traballando co CODE.



Se queredes seguir practicando premede no enlace



luns, 13 de novembro de 2023

Concesión do proxecta

Bo día e inicio de semana.

No noso centro concedéronse os tres PROXECTA que solicitamos. Este blog vai ser un recompilatorio de actividades a modo de portfolio de "Rapazas emprendedores nas TICs", co que homenaxearemos as nosas mulleres galegas no ámbito STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Inxeniería, Arte e Matemáticas)

No proxecto, estarán implicadas as titoras de 6º de primaria cos seus grupos, o mestre de AL que levará o PROXECTA e a profe Patricia con 5º e 6º en plástica.



Esperemos que o ensino se vexa enriquecido con esta actividade.








Scratch

 Hoxe, o alumnado de 6ºA tivo unha sesión de Scratch coa súa profe Noelia. O obxectivo era crear un cohete que fora movéndose polo espazo. L...